💜💜💜 A semana pasada estivemos no IES do Barral aprendendo moito sobre o amor verdadeiro xunto a rapazada de 2º e 3º da ESO. 🏃♀️💪 Mozas que saben o que queren e suben á escena con mensaxes para o cambio tipo: "os estereotipos establecidos non nos representan", "apoiémonos entre as amigas", "ninguén ten que forzarte a facer o que non queres", entre otras. 🧶🪡 Mozos que xeran espazos de coidados onde compartir as súas emocions e que teñen claro que o feminismo o que busca é a igualdade.
🫶🤝 Xente nova que nos da moita esperanza na construccion dun novo mundo inclusivo e igualitario, porque teñen moi claro que non van deixarse levar polo que queran outras persoas se non buscar acordos. 🥰🤗 Sabemos que ainda queda moito camiño por percorrer pero cunha compañía como a do pasado mércores imos moi lonxe!! 🙏🙏 Grazas ao IES do Barral por converter a biblioteca por unhas horas nun espazo escénico de crecemento e transformación conxunta